viernes, 30 de diciembre de 2011

Último ensaio do ano.

Bueno, este xoves foi o nosos último ensaio do ano, e a verdade é que saiunos moi ben.
Tivemo que resolver a ausencia do noso Calisto (Kevin), que foi sustituido por Pablo, asi que nas fotos teremos a Pablo interpretando a Calisto.
Na escea da morte de Celestino, soamente se repetiu douas veces, ¡ISTO MELLORA!


Tamén temos a foto do grupo, a verdad e que é a primeira que temos de todos (sen Pablo Otero e Kevin) do grupo de "Teatro do Ar"
Bueno mociñ@s, cando teñamos as fotos da cena, as publicamos.
Moitos biquiños e ¡FELIZ ANINOVO!

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Outros momentos do ensaio do 27

Ola meus, vouvos deixar un par de cousiñas. Un par de foticos do ensaio de onte, e un par de pequenos vídeos youtube, que seguro vos pode inspirar.


Grandes momentos do público atento ao acontecer.

Creo que Lucrecia non está moi interesada en Calisto

Pobre Elicia!! Soíña, e iso que di Celestina que ten máis de tres amantes!!!

E aquí vén o primeiro vídeo, sobre a Celestina, seguro que veredes moitas cousas interesantes, sobre todo como se dirixe Pármeno a Areusa ;-).....ou como está maqueada Celestina....ou vaia Calisto máis estrano....pero o desmaio de Melibea non é malo, non credes??? Por certo, NON TEDES ABSOLUTAMENTE NADA QUE ENVIDIAR A ESTE GRUPO, SODES MOITO, MOITÍSIMO MELLORES (cando o facedes serios e con ganas, claro).


E agora, un anticipo doutra cousiña que seguro que ha de chegar, pero temos que rematar a nosa tarefa de estrear A Celestina completa, non?


En fin, meus, agardo que sexa do voso agrado, pero hai que traballalo, se de verdade se quere algo, hai que loitalo con traballo. Aperta e vémonos mañá

martes, 27 de diciembre de 2011

Morre Celestina 8 veces.


   Hoxe comezamos esta nova aventura co noso propio blogue, agardamos chegar lonxe, moi lonxe.....pero sen derrapar. Coma hoxe tivemos ensaio imos aproveitar para facer unha boa entrada de comezo.

   No ensaio de hoxe Celestina, morreu unhas oito veces...si.si oito. A escea da súa morte repetiuse tantas debido á risa frouxa dos actores, e agora é a mellor escea da obra.