miércoles, 28 de diciembre de 2011

Outros momentos do ensaio do 27

Ola meus, vouvos deixar un par de cousiñas. Un par de foticos do ensaio de onte, e un par de pequenos vídeos youtube, que seguro vos pode inspirar.


Grandes momentos do público atento ao acontecer.

Creo que Lucrecia non está moi interesada en Calisto

Pobre Elicia!! Soíña, e iso que di Celestina que ten máis de tres amantes!!!

E aquí vén o primeiro vídeo, sobre a Celestina, seguro que veredes moitas cousas interesantes, sobre todo como se dirixe Pármeno a Areusa ;-).....ou como está maqueada Celestina....ou vaia Calisto máis estrano....pero o desmaio de Melibea non é malo, non credes??? Por certo, NON TEDES ABSOLUTAMENTE NADA QUE ENVIDIAR A ESTE GRUPO, SODES MOITO, MOITÍSIMO MELLORES (cando o facedes serios e con ganas, claro).


E agora, un anticipo doutra cousiña que seguro que ha de chegar, pero temos que rematar a nosa tarefa de estrear A Celestina completa, non?


En fin, meus, agardo que sexa do voso agrado, pero hai que traballalo, se de verdade se quere algo, hai que loitalo con traballo. Aperta e vémonos mañá

No hay comentarios:

Publicar un comentario