miércoles, 5 de diciembre de 2012

Angelo

Oliñas, meus

         Aquí temos unha posible imaxe de Angelo e outra do doutor Pinchazo, agardo que os seus actores/actrices inspírense un pouco máis sobre a súa interpretación:


           


       Aínda atopei outra orientada para a nosa época elexida ao efecto:




      Agora un pouco de inglés que atopei para mellorar a competencia de Sara, jejejejee

Angelo: A goldsmith in Ephesus and a friend and business associate of Antipholus E. He makes the gold chain that Antipholus E. means to give to Adriana. When Antipholus E. fails to pay him for it because he did not receive it (the wrong Antipholus received the chain), Angelo has him arrested.

      E agora un vídeo, en inglés, claro xa que Shakespeare ten máis representacións por alí, jejeje....

              

  Agardo que fora de utilidade, 


 Saúdos,

Hugs and Kisse s

Pablo               

jueves, 22 de noviembre de 2012

Dromios

Ola meus,

       Continuando polas personaxes da Comedia, aquí teño unha imaxe para que se inspiren os Dromios. Os Dromios teñen que dar o peso cómico da obra, son os que máis teñen que esaxerar a comicidade e os que máis liberdade de actuación teñen, dentro dunhas marxes claro.

       Son castigados, pisoteados, pataleados, repudiados, insultados, perseguidos ..... pero ao mesmo tempo son os que crean a confusión ao longo da obra ao confundir aos seus amos. Coma sempre vos digo, ESAXERADE MOITO, sen presa pero sen pausa, cada escea na que vos atopedes.


Vídeo de Dromio de Efeso: 

                   


    Continuade así, meus, ben.....Kevin, please, a ver se avanzamos un pouquiño máis o próximo sábado, pois o noso querido político xa ten coñecemento da maioría do seu papel. 

   Animo, que xa queda menos, porque a próxima semana vouvos poñer unha data de representación (que coincidirá coa última semana de decembro ou a primeira de xaneiro). 

    A romperse unha perna, meus

Pablo

Antífolos

Ola meus,

          Aquí unha imaxe e unha descripción dos Antífolos, a ver que lle parece aos actores Pedro e Sergio a descripción e a imaxe do seu personaxe....sen barba, claro, jejejejeje.

            Obra por grupo Valencia


         

         Apertas

domingo, 4 de noviembre de 2012

Ola os meus queridos e queridas actores e actrices de Teatro do AR,

       Teño moita ilusión polo traballo que estades a facer, pero coma vedes sempre temos algo de dificultades no camiño, mais sairemos adiante coma sabemos facer, verdade? Aínda que teñamos que facer algún pequeno sacrificio un día (para que asista o Duque), seguro que ha sair todo ben.

       Para abrir o apetito, déixovos algunhas mostras do que fixeron algunhas compañías para facer a nosa obra, e xa veredes o variopintos que poden considerarse os espectáculos. Así que vós tamén podedes aportar as vosas ideas, iso sí, coma vedes tampouco empregan grandes recursos escenográficos....

      1º Exemplo: Castelán

                 
                   



      2º Exemplo: Catalán



                    http://www.youtube.com/watch?v=Bjft_kjtF30&feature=related


      3º Exemplo: Portugués




             



        4º Exemplo: Italiano


               http://www.youtube.com/watch?v=pOSRJ174jPo&feature=related



          5º Exemplo: Inglese (orixinal)


             


          Podedes seguir toda a obra desta última nos enlaces Youtube das seguintes partes..... mais fixarse nesta, para que vexades o que é a innovación artística:



             http://www.youtube.com/watch?v=WOkrTldkKEk&feature=related





     Sen máis unha forte aperta para todas e todos.......

Pablo


 


Por fin, logo!!!


Graciñas Pablo!!!

A verdade é que hoxe Pablo cumpriu, tiña dous diseños de decorados para a obra (unha con dúas partes de casas; e outra cunha parte de casa e outra xardín). Escollemos as dúas partes de casa e elaborar o xardín dentro do escenario, facendo un pociño e un par de árbores.

No soamente iso, senón que xa temos o logo (para comezar), que poderá ser modificado proximamente nunha próxima entrega. Aquí vos deixo o logo. Sara P., podes baixar a foto e poñelo coma ferramenta (widget) adxunta ao blogue, elixe o lugar.

Para variar vouvos deixar outro pequeno vídeo sobre algo do noso interese común:

viernes, 14 de septiembre de 2012

Hola!
Teño a maravillosa noticia, de que mañán pola noite temos a gran cea de teatro, non é xenial? eu, persoalmente teño moitas ganas, e sobre todo de que sexa este fin de semana, xusto antes de que empecen as clases, pra relaxarnos un pouquiño.

sábado, 8 de septiembre de 2012

Bueno mozos e mozas, retomando o blog, despois de moitisimos incidentes co ordenador, volo a poros o día.
Xa fixemos a Celestina nun  importante certamen, e a verdade e que non nos saiu nada mal. Aprendimos moitisimas cousas, e tamén pasamos momentos de verdadeiro apuro.
Por outro lado, 3 actor e 1 actirz do grupo, foron nomeados "actores destacados", Pedro Rodríguez  (Semprenio), Kevin Salgueiro (Calisto), Sergio Trabazos ( Pármeno) e Sara Penedo (Celestina).
Agora, o que queda desta obra e grabala, que o faremos o sábado 15.

Como rematamos coa Celestina, comezamos con outra obra, chamada " La comedia de los errores", onde contamos cun novo fichaxe no grupo, Juan Fernández.
Ata agora non está definido o reparto, pero cando sexa oficial infirmareivos.


martes, 24 de enero de 2012

Pequeno problema

Boas, despois de tanto tempo, teño unha nova, a Celestina non se vai facer o día 9 de febreiro, xa que tivemos uns problemiñas no grupo, tamén estamos a ver se a facemos outro día ou non a facemos, a verdade e que hai ideas de todo tipo.
Bueno mociñ@s, o sábado espero face runha entrada con mais datos, de momento non hai mais que contar.
Un biquiño e ata a próxima.

jueves, 5 de enero de 2012

"La Celestina" sen Celestina

Fixemos o primeiro ensaio xeral , e a verdade é que foi un pouco....raro, tivemos moitas anécdotas, como por exemplo na primeira cita, Calisto pregunta "¿Qué hora es?" e alguén lle responde "La 1:30".... pero a mellor anécdota foi que o ensaio xeral de "La Celestina" foi sen Celestian.
Pero bueno despois de todo o ensaio non saiu moi mal, e xa temos data do estreo, o 9 de febreiro.