jueves, 22 de noviembre de 2012

Dromios

Ola meus,

       Continuando polas personaxes da Comedia, aquí teño unha imaxe para que se inspiren os Dromios. Os Dromios teñen que dar o peso cómico da obra, son os que máis teñen que esaxerar a comicidade e os que máis liberdade de actuación teñen, dentro dunhas marxes claro.

       Son castigados, pisoteados, pataleados, repudiados, insultados, perseguidos ..... pero ao mesmo tempo son os que crean a confusión ao longo da obra ao confundir aos seus amos. Coma sempre vos digo, ESAXERADE MOITO, sen presa pero sen pausa, cada escea na que vos atopedes.


Vídeo de Dromio de Efeso: 

                   


    Continuade así, meus, ben.....Kevin, please, a ver se avanzamos un pouquiño máis o próximo sábado, pois o noso querido político xa ten coñecemento da maioría do seu papel. 

   Animo, que xa queda menos, porque a próxima semana vouvos poñer unha data de representación (que coincidirá coa última semana de decembro ou a primeira de xaneiro). 

    A romperse unha perna, meus

Pablo

No hay comentarios:

Publicar un comentario